A descolonización é un proceso mediante o cal unha colonia consigue a súa independencia dun poder colonial, tratase dun proceso oposto o do colonialismo.
A descolonización producese mediante a independencia, a integración dentro dun poder administrativo ou dentro doutro estado, ou mediante o establecemento dun estatus de libre asociación. A organización das Nacións Unidas estableceu que no proceso de descolonización non hai alternativa o principio da autodeterminación. A descolonización pode conlevar unha negociación pacífica e/ou unha revolta violenta.
1.- Dende finais do século XVIII e durante todo o século XIX, a descolonización produxose en América, comenzando pola chamada Revolución Americana contra o Imperio Británico, que deu lugar os actuais EE.UU. de América, a Guerra da Independencia Hispanoamericana e a constitución do Imperio de Brasil ó dividirse o Portugués.
2.- Nos séculos XX e XXI, a descolonización refirese, normalmente, os logros independestistas de varias colonias e protectorados europeos en Asia e África tras a Segunda Guerra Mundial. Este proceso deu lugar, ademais, a un movemento intelectual chamado poscolonialismo, un período especialmente activo de descolonización que tivo lugar entre os anos 1945 e 1975, comenzando coa independencia de Pakistán e India do Reino Unido en 1947, e que culminou coa autodeterminación das colonias portuguesas en África no transcurso dos anos 70.
No hay comentarios:
Publicar un comentario