jueves, 31 de mayo de 2012

Mapa de Europa despois da caída do muro de Berlín


O muro de Berlín era denominado muro de protección antifascista pola socialista República Democrática Alemana. Separa a República Federal Alemana da República Democrática Alemana. O bloque oriental dominado polos Soviéticos oficialmente sostiña que o muro foi levantado para protexer a súa poboación de elementos fascistas que conspiraban para previr a voluntade popular de construir un estado socialista en Alemaña do Este. Non obstante e na práctica, o muro serviu para previr a inmigración masiva que marcou a Alemaña do Este e o bloque comunista durante o período posterior a 2ª Guerra Mundial.
O muro extendese o longo de 45 kilómetros que dividían a cidade de Berlín en dous e 115 kilómetros que separan a parte occidental da cidade do territorio da República Democrática Alemana. Foi un dos símbolos máis coñecidos da Guerra Fría e da separación de Alemaña.
Moitas persoas morreron no intento de superar a dura vixilancia dos gardas fronteirizos da RDA cando se dirixían o sector occidental.
O muro de Berlín caeu a noite do xoves 9 de novembro de 1989 o venres 10 de novenbro do 1989, 28 anos despois da súa construcción. A apertura do muro foi consecuencia das esixencias da libertade de circulación na ex-RDA e as evasións constantes cara as embaixadas de capitais de países do Pacto de Praga e Varsovia e pola fronteira entre Hungría e Austria, que impuxo menos restriccións dende o 23 de agosto, e en setembro máis de 13.000 alemáns orientais emigraron cara Hungría. Cara finais do 1989 comenzou manifestacións masivas en contra do goberno da Alemaña Oriental.

No hay comentarios:

Publicar un comentario