Estamos ante un texto de tipo xurídico, ambientado a comezos da revolución francesa (a finais do século XVIII). No texto non aparece o autor, pero suponse que é a Asamblea Nacional, que foi constituída o 17 de xuño de 1789, e serviu de ponte entre a Asamblea dos Estados Xerais de 1789 e a Asamblea Nacional Constituínte, que dotou a Francia da súa primeira constitución, cando desaparece o Antigo Réxime. O Réxime feudal ou feudalismo designa o tipo de sociedade e de sistema político que xurdiu na Europa central e occidental. Tamén se refire a un tipo de economía e de sociedade caracterizada pola servidume, xeralmente suceden os sistemas económicos basados na exclavitude.
Nun sistema feudal rexístranse varios rasgos:
- As relacións señor-vasallo.
- Separación escasa de poderes.
- Un sistema de posesión das terras basada na concesión de feudos a cambio dunha serie de prestacións e da obrigación futura de servicios.
- Un conxunto de dereitos señoriais do señor, sobre o campesiño.
O feudalismo alcanzou o seu punto culminante no século XIII, a partir de entón iniciouse a súa decadencia. O suberfeudalismo chegou a tal punto que os señores tiveron problemas para obter as prestacións que debían recibir. Os vasallos prefiriron pagar en metálico. As formas feudais de organización estabánse resquebrando e os feudos non teñen en conta o novo crecemento que se producía fóra das comunidades feudais, nos burgos.
A época da abolición conectase ca Revolución Francesa cando se puxo fin a monarquía absoluta. Este período defínese como unha crise xeral. Nesta sociedade os estamentos privilexiados mantíñanse grazas ó terceiro estado, polo que os campesiños ó irse para os burgos e non estar ligados ó Réxime feudal non tiñan que pagar impostos.
O texto tamén fala sobre a abolición do Réxime feudal, é dicir, suprímese o feudalismo, das xustizas señoriais, os diezmos e tamén a liberdade laboral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario