jueves, 31 de mayo de 2012

Mapa da Unión Europea

Mapa dos países occidentais/socialistas/non aliniados

Mapa e comentario da descolonización


A descolonización é un proceso mediante o cal unha colonia consigue a súa independencia dun poder colonial, tratase dun proceso oposto o do colonialismo.
A descolonización producese mediante a independencia, a integración dentro dun poder administrativo ou dentro doutro estado, ou mediante o establecemento dun estatus de libre asociación. A organización das Nacións Unidas estableceu que no proceso de descolonización non hai alternativa o principio da autodeterminación. A descolonización pode conlevar unha negociación pacífica e/ou unha revolta violenta.
1.- Dende finais do século XVIII e durante todo o século  XIX, a descolonización produxose en América, comenzando pola chamada Revolución Americana contra o Imperio Británico, que deu lugar os actuais EE.UU.  de América, a Guerra da Independencia Hispanoamericana e a constitución do Imperio de Brasil ó dividirse o Portugués.
2.- Nos séculos XX e XXI, a descolonización refirese, normalmente, os logros independestistas de varias colonias e protectorados europeos en Asia e África tras a Segunda Guerra Mundial. Este proceso deu lugar, ademais, a un movemento intelectual chamado poscolonialismo, un período especialmente activo de descolonización que tivo lugar entre os anos 1945 e 1975, comenzando coa independencia de Pakistán e India do Reino Unido en 1947, e que culminou coa autodeterminación das colonias portuguesas en África no transcurso dos anos 70.

Cadro da estrutura das Nacións Unidas

Mapa da 2ª Guerra Mundial

Cadro cronolóxico da 2ª Guerra Mundial

miércoles, 9 de mayo de 2012

Borrador do proxecto de iniciativas emprendedoras

Casa de turismo rural

Nome : A parada das bestas
Localización: Galicia (montaña)
Data de comezo: 16/07/2008

Este proxecto adícase o desenvolvemento dunha casa de turismo rural. O turismo rural é unha actividade turística que se realiza nun espazo rural e natural, normalmente en pequenas localidades as aforas das cidades. As instalacións adoitan ser antigas masías e caseríos que unha vez reformados e rehabilitados adoitan ser habitados por familias adicadas a esta actividade cos que logo se convive e que eles mesmos che proporcionan os servizos de calidade. As casas son edificios con cuartos de baño, salón e cociña como apartamentos comunitarios que en ocasión se comparten cos propios propietarios e no tema das habitacións xa son máis privadas e poden ser familiares ou individuales. Neste caso en particular non sucede isto, xa que contamos cunha ampla cas que será a reformada e ó carón unha máis pequena que será a empregada polos propios propietarios para facer a súa vida diaria. Na dita casa contamos cos dúas plantas principais, logo temos un trasteiro e unha pequena bodega, os que os cientes non teñen acceso directo a non sere que sea consultado con anterioridade os propietarios. Na primeira planta atópamos unha ampla cociña que conta con todas as comodidades necesarias, un comedor-sala decorados co estilo da casa e separados por unha cristalera, onde nunha se fan as precisas comidas do día e na outra parte conta coa presencia de cómodos sofás e cunha televisión última xeneración. Tamén temos un cuarto de baño cos utensilios máis necesarios, xa  que na segunda planta contamos con outro máis amplo e con máis materiais ó seu servizo. A segunda planta está formada por dez habitacións ven poden ser individuais ou familiares pero sempre a gusto do cliente. A duración da estancia pode variar ven pode ser como mínimo de dous días e unha noite, xa sexa un fin de semana ou os días elexidos polos clientes, e como máximo pódese permanecer na casa unha semana. Os prezos varían dependendo do número de persoas e dos días que dure a estancia. Os clientes que desexen vir disfrutar dos nosos servizos, das nosas estancias e das nosas hermosas vistas coas que por sorte contamos deben ocupar as súas respectivas habitacións antes das 11 horas da maña o igual que deben abandoalas antes de dita hora.

Moitas grazas por contar cos nosos servizos diarios e esperamos a vosa visita.